Junts convoca unha consulta coa militancia para decidir se continúa no Goberno de Cataluña
Junts convoca unha consulta coa militancia para decidir se continúa no Goberno de Cataluña
A consulta será o 6 e o 7 de outubro se o president non restitúe no cargo o vicepresidente cesado
A decisión tomouse despois dunha xuntanza de 9 horas
Junts convoca unha consulta coa militancia o 6 e 7 de outubro para decidir se continúa no Goberno de Cataluña.
A reunión da dirección de JxCat para decidir se abandona ou non o Goberno de Cataluña rematou ás sete e media desta tarde despois de nove horas de intenso debate.
A xuntanza prodúcese despois da decisión do presidente da Generalitat, Pere Aragonès, de destituír ao vicepresidente, Jordi Puigneró.
Na xuntanza debatéronse varios escenarios, que pasaban por saír en bloque do Govern e pasar á oposición, propor un nome para substituír a Puigneró no posto que deixou vacante ou convocar xa unha consulta á militancia para decidilo.