Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata en Santiago a reunión de expresidentes iberoamericanos

Remata en Santiago a reunión de expresidentes iberoamericanos

Feijóo reivindica a "reflexión calmada fronte ao histrionismo das institucións"

G24.gal 01/12/2021 14:36

Rematou en Santiago de Compostela o encontro de expresidentes de España e Iberoamérica reunidos pola Fundación Círculo de Montevideo. Neste foro exmandatarios de Chile ou O Uruguai e empresarios como o mexicano Carlos Slim compartiron a súa visión sobre o mundo na pandemia.

O derradeiro panel serviulle ao expresidente da República Oriental do Uruguai Julio María Sanguinetti para falar do papel dos galegos aquí e no seu país: "Os galegos son hospitalarios, acolledores. Os nosos son países galegos. No século XIX chegaron e transformaron a nosa sociedade", afirmou.

Reflexión fronte ao histrionismo

A clausura correu a cargo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que encheu de eloxios os participantes no foro por falar da democracia sen o histrionismo dos políticos de agora.

"Grazas por esta reflexión calmada fronte ao histrionismo que invade as institucións de boa parte dos países. Conseguiron mantelo á marxe e instalarse na intelixencia do debate e na reflexión calmada", defendeu o xefe do Goberno galego.

Aprender dos mellores

Di Alberto Núñez Feijóo que a democracia "combina afectos e efectos", sentimentos e mais resultados. Citou tamén a Manuel Fraga dicindo que "cómpre certa humildade franciscana para aprender dos mellores".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar