Remata o Entroido en Xinzo co domingo de piñata
Remata o Entroido en Xinzo co domingo de piñata
Os disfraces volven encher a vila na derradeira cita festiva
En Xinzo resístense a despedir o Entroido. Tras dous anos de abstinencia pola pandemia, o deste ano sóubolles a gloria. O domingo de piñata é o derradeiro día. Levan un mes celebrando o Entroido. O de hoxe está pensado sobe todo para os nenos, pero animouse todo o mundo.
"Eu creo que xa está ben de tanto carnaval, hai que respectar un pouco que estamos en tempo de Coresma. Xa cansa, eh!", advirte un falso cura ao pé dunha taberna.
Tamén é o derradeiro día para as pantallas, que chegan á piñata ben adestradas desde a primeira saída o domingo corredoiro, hai xa dúas semanas.
"Hai que pór o traxe, levas unhas botiñas, e pos a máscara para que non descubran a túa identidade. E os que non vaian disfrazados, hai que collelos e levalos aos bares", explica un cativo vestido de pantalla.
Remata o Entroido e arrinca a conta atrás para 2023.