Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata o Mundial de motocrós, que coroou a Jorge Prado

Remata o Mundial de motocrós, que coroou a Jorge Prado

Acaba con 921 puntos, 67 máis que o segundo clasificado Romain Febvre

O vigués Rubén Fernández foi o quinto do mundo

G24.gal 24/09/2023 19:14

O Mundial de motocrós xa é historia. 2023 será lembrado para sempre no deporte galego como o ano que coroou a Jorge Prado como o mellor do mundo. A proba de Gran Bretaña puxo punto e final cunha discreta actuación do piloto lucense (caeu na segunda carreira), pero o traballo xa estaba feito. 

A puntuación que queda para sempre son os 921 puntos, 67 máis que Romain Febvre e 162 de vantaxe sobre Jeremy Seewer. Tamén foi moi boa a actuación do vigués Rubén Fernández. Non leva tantos titulares eclipsado pola figura de Prado pero hai que salientar que foi o 5.º clasificado con 654 puntos. 

O dominio de Prado cimentouse nas súas carreiras de cualificación, sempre sólido. Nas súas grandes saídas (gañou o premio ao Holeshot) e, sobre todo, grazas á súa regularidade. Non foi o que máis grandes premios gañou pero tivo moi poucas fins de semana en que non conseguise un bo puñado de puntos. 

A última proba gañouna Tim Gajser, que a vindeira temporada apunta a rival importante despois de ir mellorando as prestacións conforme pasaban as probas. Seewer foi o segundo e Fernández quedou ás portas dun novo podio. Prado, cuarto na primeira quenda, foi ao chan na segunda e non puido pelexar polos postos de privilexio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar