Remolcado a Xixón o barco galego "Nuevo San Juan", que ardeu no Gran Sol
Remolcado a Xixón o barco galego "Nuevo San Juan", que ardeu no Gran Sol
Os propietarios afirman que a súa estrutura está inservible ao 99 %, motivo polo que optarán por desmantelalo
Logo dunha semana á valga, o pesqueiro galego Nuevo San Juan, que ardera o día 2 de xullo no Gran Sol, está xa amarrado nun peirao de Xixón.
Un remolcador francés conduciu o barco onte á noite ata o porto asturiano. Os propietarios afirman que a súa estrutura está inservible ao 99 %, motivo polo que optarán por desmantelalo.
Quedan pendentes informes periciais e trámites co seguro para posibles indemnizacións para a empresa armadora. O buque, orixinario de Burela, dedicábase á pescada do pincho.
Os seus quince tripulantes foran rescatados con éxito tras o incendio por outro pesqueiro. Contra todo prognóstico, o barco conseguiu manterse a flote.