Remonta do Coruxo ao Covadonga para saír do descenso (3-1)
Remonta do Coruxo ao Covadonga para saír do descenso (3-1)
Os asturianos adiantáronse no inicio do encontro, pero unha boa resposta do Coruxo permítelle saír dos postos de descenso
É a terceira vitoria consecutiva na liga, de novo contra un rival directo
O Coruxo volve sacar os tres puntos doutro partido chave na súa loita por evitar os postos de descenso. Xa son tres xornadas consecutivas nas que os de Vigo xogan contra rivais directos e foi capaz de obter 9 puntos de 9 posibles.
O gol inicial de Álex Menéndez para adiantar o Covadonga non lles serviu aos asturianos para poder sacar algo do Vao, xa que o Coruxo foi quen de empatar na primeira parte, cun gol de Vander, e de ser superior na segunda para sacar o triunfo cos goles de Davo e Dani Vidal.
O Covadonga queda pechacancelas e o Coruxo sae desa zona de descenso á espera de que remate a xornada.