Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renato Tapia quere renovar co Celta

Renato Tapia quere renovar co Celta

No programa Ao contraataque manifestou o seu desexo de quedar en Vigo pola "débeda" que ten co Celta

G24.gal 22/02/2024 12:21 Última actualización 22/02/2024 12:30

Os compañeiros do programa Ao contraataque da Radio Galega entrevistaron a Renato Tapia. O peruano pasou de non contar para Rafa Benítez a ser titular indiscutible. En xuño remata o seu contrato co Celta.

"Sei que podería marchar libre en xuño. Quero renovar. Débolle moito ao Celta".

O peruano foi moi sincero sobre a súa condición de persoa e xogador de fútbol.

"Co paso dos anos prefiro que a xente me vexa máis como persoa que como xogador".

Tivo tamén unha mensaxe para a afección:

"Temos que deixar de falar da afección porque sempre están. Temos que falar no campo, darlles alegrías porque sempre están. Fomos a Xetafe, había moita xente e o máis probable é que vaian a Cádiz".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade