Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe amplía en máis de 8.000 prazas a oferta de trens en Galicia desde este luns coa chegada dos Avlo

Renfe amplía en máis de 8.000 prazas a oferta de trens en Galicia desde este luns coa chegada dos Avlo

A alta velocidade "de baixo custo" suporá un aumento de máis de 8.000 prazas semanais no corredor Galicia-Madrid

O servizo de Avlo comeza o luns, pero un dos trens  xa viaxa esta tarde

G24.gal 21/07/2024 16:06

Este é un dos novos trens AVLO que conectarán a diario Galicia con Madrid. Segundo Renfe, a súa posta en servizo suporá un aumento de máis de 8000 prazas semanais nun corredor con moita demanda.

Os primeiros billetes, para viaxar ata o 30 de setembro nestes trens de baixo custo, saíron á venda hai quince días, desde os sete euros.

A súa saída será de Vigo e da Coruña en días alternos. O regreso desde Madrid será diario a unha das dúas cidades.

Teñen capacidade para 581 pasaxeiros. O traslado a Galicia do tren, que inaugurará o servizo o luns, chegará esta noitiña, funcionando como un servizo de larga distancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade