Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe emitiu este ano máis de 50.000 abonos gratuítos en Galicia

Renfe emitiu este ano máis de 50.000 abonos gratuítos en Galicia

O operador ferroviario destaca o "éxito das medidas disuasorias do mal uso" 

G24.gal 01/02/2023 11:50

Renfe expediu durante o primeiro mes do ano un total de 50.788 abonos gratuítos en Galicia para poder viaxar durante o primeiro cuadrimestre de 2023 en Media Distancia e Proximidades de Ancho Métrico.

Ademais, a empresa destaca o "éxito das medidas disuasorias do mal uso", xa que o uso irregular dos abonos gratuítos de Media Distancia de Renfe descendeu considerablemente, pasando do 20 % rexistrado o pasado ano a unha media do 2,5 % no presente exercicio.

Aos viaxeiros que utilizasen o abono gratuíto en 2022 e cumprisen as condicións de uso, estáselles devolvendo de forma paulatina e progresiva a fianza desde o pasado 9 de xaneiro, lembran desde Renfe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade