Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe interrompe o tránsito entre Ourense e Monforte ata xullo

Renfe interrompe o tránsito entre Ourense e Monforte ata xullo

As obras comezarán o 21 de novembro e prolongaranse ata o mes de xullo de 2023

Renfe, operadora da liña de ferrocarril, ofrecerá un servizo alternativo por estrada

Adif vai investir 24,3 millóns de euros na adecuación da electrificación á potencia do novo sistema

G24.gal 16/11/2022 13:40

Renfe interrrompe o tránsito ferroviario ata o mes de Xullo para que Adif realice as obras electrificación para adecuar a liña á potencia do novo sistema.

Mentres duren as obras, Renfe, empresa operadora da liña, ofrecerá un servizo de transporte alternativo por estrada para os usuarios dos trens afectados.

En concreto, Renfe ofrecerá ese servizo, con transbordos entre Ourense e Monforte de Lemos ou Lugo, para os servizos de Media Distancia e Rexionais, os trens Transversais Cataluña-Galicia, e as súas conexións con Ponferrada, así como nos trens de Longa Distancia que conectan Lugo con Madrid.

Os traballos, para instalar os novos elementos de electrificación, inclúen levantar a vía e outras instalacións, polo que son incompatibles coa prestación do servizo ferroviario durante o período de execución.

Adif informou de que levará a cabo un investimento de 24,3 millóns de euros para adecuar a electrificación da vía entre Monforte de Lemos e Ourense a 25 kV, a mesma potencia do novo sistema que está en proceso de instalación entre a cidade do Cabe e Lugo capital, cun gasto de 17,2 millóns, dentro das obras para modernizar o corredor Lugo-Monforte-Ourense.

Segundo a información facilitada por Adif, están previstas “actuacións fundamentais” para adaptar “o sistema de electrificación nese tramo”, que ten unha lonxitude de 45 quilómetros. As obras comezarán o 21 de novembro e prolongaranse ata o mes de xullo de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade