Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viaxeiros de Renfe seguen indo en bus entre Lugo e Ourense, tras 15 meses, polo atraso nas obras

Viaxeiros de Renfe seguen indo en bus entre Lugo e Ourense, tras 15 meses, polo atraso nas obras

Se se cumpren as previsións da operadora ferroviaria, o tren volverá circular o vindeiro mes de abril

Os usuarios quéixanse do atraso nas obras e din que ir en bus é máis lento e incómodo
G24.gal 25/01/2024 13:43

Renfe leva xa quince meses levando en bus ata Ourense os viaxeiros que compran o billete Lugo-Madrid para que collan na cidade das Burgas o tren de conexión coa capital española. Para moitos, unha sorpresa. Para os viaxeiros habituais, non tanto.

O servizo leva así desde novembro de 2022 por mor das obras de electrificación, que manteñen cortado o treito Monforte-Ourense. Ter que ir en bus molesta especialmente a persoas con necesidades especiais ou que, por exemplo, viaxan con mascotas.

Algúns están xa cansos e pensan noutras alternativas. Din que o avión, por exemplo, é máis barato. Os usuarios reclaman unha solución urxente. Se se cumpren as previsións de Renfe, este tren volverá circular o vindeiro mes de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade