Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe modifica horarios de trens en Galicia para garantir conexións a Madrid

Renfe modifica horarios de trens en Galicia para garantir conexións a Madrid

A partir do 8 de abril realizaranse "lixeiros" adiantos para facilitar a mobilidade dos viaxeiros

G24.gal 14/03/2024 18:53

A operadora ferroviaria Renfe anunciou que modificará os horarios de trens de media distancia en Galicia para garantir as conexión con Ourense a Madrid, polas obras que se realizarán na estación de Chamartín.

Segundo informaron fontes da compañía, a partir do 8 de abril axustaranse "lixeiramente" os horarios para facilitar a mobilidade dos viaxeiros frecuentes na Comunidade, para garantir as conexións entre Ourense e Madrid.

"Esta modificación é froito do plan de transporte que a compañía organizou nos seus servizos polas obras do Adif na estación de Madrid Chamartín-Clara Campoamor, para duplicar a capacidade da terminal para trens de alta velocidade e longa distancia", explicaron.

Será, máis concretamente, o tren media distancia 9072, que actualmente sae de Vigo Urzáiz ás 06:35 horas con destino A Coruña, partirá ás 06:15 horas dende o 8 de abril. Deste xeito, preténdese garantir que os clientes de Pontevedra e Vilagarcía poidan enlazar en Santiago co servizo Alvia procedente de Ferrol (e destino final Madrid), para chegar a Ourense.

Outro dos axustes producirase na saída do tren que conecta A Coruña e Ferrol, que adianta a súa saída das 06:37 horas ás 06:31 horas. Tamén o rexional que parte do Carballiño con destino Ourense pasará a efectur a súa saída ás 07:50 horas no canto das 07:48 horas.

"Trátase dunha reestruturación temporal do servizo ata que finalicen as obras na estación madrileña, ata entrado o mes de xullo", sentenciaron as mesmas fontes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar