Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe reforza o taller de Redondela para asumir traballos en trens de Media Distancia e Avant

Renfe reforza o taller de Redondela para asumir traballos en trens de Media Distancia e Avant

Galicia asume revisións e reparacións que antes se facían en Fuencarral e Santa Catalina

O cambio supón 18.000 horas de carga de traballo máis e un aumento do cadro de persoal de Renfe na nosa comunidade

G24.gal 27/01/2023 11:43

O taller de Renfe en Redondela incorpora o seguemento técnico completo de 12 trens eléctricos de ancho variable -Avant e Media Distancia- que circulan en Galcia e súmao ao dos tres que xa tiñan en carteira.

"É unha consecuencia da descentralización das cargas de traballo en Alta Velociade, o que significa un incremento da actividade no territorio galego. A revisión dos Avant e Media Distancia supón 18.000 horas de traballo e a suma de once operarios e un enxeñeiro, aos que se sumará un proximo incremento do cadro de persoal", explica Santiago García Seoane, xerente de Mantemento de OSP-Norte Renfe.

Cada tren dos que entra aquí ten establecida a periodicidade de revisión na súa folla de mantemento.

"Por outra banda, temos os trens que poden chegar por avaría. Un deles entrou para revisar un eixe porque estes trens están monitorizados e disganosticados en remoto, e onte deu unha alarma nun servizo pola tarde de temperatura nun eixe, entón traémolo a taller para revisar e, en función do que detectemos, cambiamos o eixe ou facemos a reparación correspondente", detalla García Seoane.

É un taller con vías electrificadas en fondo de saco, con foxos en piares para facilitar a inspección e reparación nos baixos. Inspecciónase tamén a calidade de confort do habitáculo, desde cambio de fundas ás lámpadas; e tamén, no teito, a revisión do pantógrafo.

Un labor de mantemento complexo, que require un coñecemento técnico amplo e uns importantes requisitos en seguridade laboral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade