Cargando resultados...
Reparar a estrada do Courel levará arredor de ano e medio
A Xunta considera urxentes os traballos de recuperación da vía
Manéxanse catro opcións para a reapertura en condicións seguras
G24.gal
24/03/2022 11:20
Arredor dun ano e medio vai estar cortada a estrada entre Quiroga e Folgoso do Courel logo de desprendemento do pasado domingo.
A orografía e o tipo de solo complican uns traballos de reparación xa de por si difíciles. Uns douscentos metros de vía esborralláronse por causas que aínda se están a investigar, e agora os veciños de Folgoso teñen que dar grandes rodeos para saír da vila. Construír un viaduto, crear un túnel ou cambiar o trazado son as opcións da Consellería de Infraestruturas ante unhas obras declaradas de emerxencia.