Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatado o corpo sen vida dunha muller de 88 anos no río Lameira de Marín

Rescatado o corpo sen vida dunha muller de 88 anos no río Lameira de Marín

A dificultade de acceso da zona onde apareceu o cadáver fixo precisa a intervención dos bombeiros

As forzas de seguridade investigan as circunstancias do sucedido

G24.gal 24/06/2024 10:56 Última actualización 24/06/2024 13:35

Os servizos de emerxencias rescataron este luns o corpo dunha muller de 88 anos que apareceu flotando no río Lameira, en Marín (Pontevedra).

Foi un particular o que atopou en corpo no río sobre as nove da mañá, segundo informou o 112 Galicia.

O cadáver da octoxenaria atopábase á altura dunha zona residencial situada na rúa do Souto, nas inmediacións do pavillón de Sequelo.

Ata o lugar desprazáronse bombeiros do parque comarcal do Morrazo, que protagonizaron un complexo rescate, xa que o corpo atopábase na zona de difícil acceso.

Tamén interviñeron neste operativo persoal sanitario do 061, voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local de Marín e da Policía Nacional, quedando a investigación do suceso en mans destes últimos.

A dificultade de acceso da zona onde apareceu o cadáver fixo precisa a intervención dos bombeiros. Ata o lugar acudiu ademais un médico que só puido confirmar o seu falecemento.

Polo momento, as forzas de seguridade traballan na investigación para esclarecer as circunstancias do sucedido.

A principal hipótese coa que traballan os investigadores é que a octoxenaria puido sufrir un mareo ou un esvarón que a fixese caer á auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade