Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan con vida 120 persoas tras incendiarse un barco nas Filipinas

Rescatan con vida 120 persoas tras incendiarse un barco nas Filipinas

Todo parece indicar que o lume comezou na sala de máquinas e propagouse pola parte traseira

G24.gal 18/06/2023 09:41

Un barco con 120 persoas a bordo incendiouse na rexión central das Filipinas, segundo informa a garda costeira do país. Grazas á colaboración de pescadores locais e os botes salvavidas, foron rescatadas sans e salvas.

Por causas aínda sen determinar, o buque MV Esperanza Star incendiouse nas augas da illa de Panglao, cando se dirixía á cidade de Tagbilaran.

"A Garda Costeira de Filipinas (PCG) prosegue coas operacións de extinción de incendio e rescate en resposta a un incidente marítimo que involucrou un buque de pasaxeiros e carga", detallou a institución.

En vídeos e imaxes compartidos polos rescatistas nas redes sociais, é posible ver o buque en lapas e unha espesa parede de fume, mentres outras embarcacións tentan conter o lume.

De acordo coas primeiras informacións, todo parece indicar que o incendio comezou na sala de máquinas e propagouse pola parte traseira. 

Incidentes usuais

As Filipinas conta cunha frota deficiente e escasa polo que os amontoamentos e os incidentes nos transbordadores son habituais.

A finais de marzo pasado, un grave incendio nun transbordador no sur do país deixou máis de 30 persoas mortas. Outras 230 foron rescatadas con vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade