Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan o corpo dun home que apareceu aboiando no río Miño, en Lugo

Rescatan o corpo dun home que apareceu aboiando no río Miño, en Lugo

O corpo rescatárono os bombeiros contra o mediodía, empregando unha zódiac de Protección Civil

G24.gal 06/12/2022 14:11

Na mañá deste martes apareceu un corpo sen vida aboiando no río Miño ao seu paso por Lugo. O achado produciuse na zona das Illas, entre o Club Fluvial e a ponte nova, fronte ao centro comercial das Samasas.

Viuno unha das moitas persoas que adoitan pasear ou facer deporte por alí e deu o aviso de inmediato.

O corpo rescatárono os bombeiros contra o mediodía, empregando unha zódiac de Protección Civil. É o dun varón de mediana idade.

Ata o lugar desprazáronse tamén as policías nacional e local.

Polo momento non consta ningunha denuncia por desaparición nas últimas horas, pero a Policía Nacional abriu unha investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade