Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reservas por riba do 80 % durante toda a ponte na Ribeira Sacra

Reservas por riba do 80 % durante toda a ponte na Ribeira Sacra

A chuvia non disuade os turistas, equipados con paraugas e chuvasqueiros nas súas visitas aos mosteiros

Mosteiro de Santa Cristina
G24.gal 13/10/2023 21:08 Última actualización 13/10/2023 21:26

Os paraugas brotan coma cogomelos na Ribeira Sacra. Pero a chuvia séntalle ben a esta paisaxe de pedra e auga e aos turistas non parece preocupalos moito.

"A min paréceme máis romántico", comenta unha.

A ocupación media, sen contar posibles reservas de última hora, está no 82 %, pero hai aloxamentos ao completo.

 "Nós estamos a tope, tanto o aloxamento como en restauración", explica Yolanda Jácome, propietaria de O Balcón da Ribeira.

Coa chuvia, as sobremesas alóngase máis do previsto. "Moi contentos, porque vén a xente e nós facemos o que nos gusta, que é darlles de comer, facer a xente feliz e que pasen unha boa experiencia", asegura Iago Vázquez, camareiro do restaurante O Curtiñeiro.

E para concluír, ou para empezar, segundo conveña, un paseo en catamarán, que tampouco se espanta ante a tan agardada chuvia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade