Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viticultores da Ribeira Sacra mobilízanse para esixir garantías na venda da uva

Viticultores da Ribeira Sacra mobilízanse para esixir garantías na venda da uva

Unhas 200 persoas concentráronse en Monforte, ante a sede do consello regulador, para alertar dos problemas derivados polo excedente de viño que acumulan as adegas

G24.gal 06/09/2024 14:40

As organizacións agrarias manteñen a protesta na Ribeira Sacra para esixir garantías na vendima. Unhas 200 persoas concentráronse en Monforte, ante a sede do consello regulador, para alertar dos problemas derivados polo excedente de viño que acumulan as adegas.

Valoran que a Consellería do Medio Rural adoptase medidas, como as axudas para a conservación das parcelas, pero consideran que son insuficientes. Os sindicatos din que os viticultores precisan un orzamento de crise ante o temor a perder a colleita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade