Viticultores e adegueiros prepáranse para iniciar a vendima na Ribeira Sacra
Viticultores e adegueiros prepáranse para iniciar a vendima na Ribeira Sacra
Á espera de que o Consello Regulador poña a data para abrir unha campaña problemática polos excedentes
Á espera de que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra defina que día cómpre que empece a vendima, viticultores e adegueiros estanse preparando para os días que lles veñen, os de maior labor de todo o ano.
Alfonso Regal produce anualmente unhas 60.000 botellas de viño. Son viticultores de sempre e hoxe é o noso cicerone pola adega Pincelo. Lévanos a unha das súas viñas e enxalza a calidade da uva deste ano.
Se o tempo non se torce parece que a deste ano vai ser unha boa colleita, precisamente cando xorde o problema que afecta a uns 300 viticultores que se enfrontan a que non teñen quen lles recolla a uva.
Agárdase que o Consello Regulador abra a vendima a partir da terceira semana de setembro.