Restaurantes que limitan o servizo de cafetería para cumprir cos horarios de peche
Restaurantes que limitan o servizo de cafetería para cumprir cos horarios de peche
Difícil atopar na cidade da Coruña unha cafetería onde non sirvan café. Comprobamos que na zona da Mariña, unha das máis céntricas, concorridas e turísticas, todas as terrazas teñen operativo o servizo de cafetería. Así o confirma Alberto Boquete, propietario de La Mansión 1783 e presidente da Asociación de Hostaleiros da Mariña.
Noutras cidades españolas si que se rexistraron casos de negarse a servir café en terrazas. Mais é unha práctica que non se propón polo de agora na Coruña. Asegúrano no propio sector, que si que recoñece esa tendencia en restaurantes para cumprir cos horarios de peche.
"Hai o caso de locais que limitan as horas, sobre todo cara á noite, do servizo de café ben por descanso ou ben por pechar a unha hora prudente, xa que a súa actividade principal é a restauración, e así non alongar a sobremesa e pechar a certa hora", explica Alberto Boquete.
O sector fala de cambios na hostalería cara á procura duns horarios que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras.