Publicador de contidos
Publicador de contidos

Restrinxen o acceso aos bailes de maiores de Lugo

Restrinxen o acceso aos bailes de maiores de Lugo

O Concello alega que limita a ocupación por motivos de seguridade

Os usuarios critican a medida

G24.gal 14/05/2024 14:37

Nas fins de semana o centro social de Frigsa celebras bailes, pero agora mudaron as normas.

"Sen máis nin menos esta fin de semana pedíronnos o carné de identidade", sinala un usuario.

Alegando motivos de seguridade, o Concello de Lugo limitou a ocupación a 55 persoas e o veto aos veciños doutros concellos, unha norma que trae polémica.

"As fronteiras son horrorosas, como lle imos decir a alguén de Castroverde ou de Rábade que non pode vir a Lugo, estamos de broma?".

"Paréceme ben que veñan todos, para iso é unha festa. Tamén nós imos aos bailes de fóra".

"Que máis dá de Lugo ca de outro sitio, eu iso véxoo mal".

Moitos pensan que cantos máis, mellor, e din que se o problema é a ocupación, teñen que buscar un local máis grande.

"Se hai máis, que deixen ir a máis xente. Ademais así hai máis cambios de parella".

Os veciños din que é máis ca un baile. Trátase de xuntarse, socializar e facer amigos.

"Non hai a onde ir e que un estea a gusto".

"Hai moita xente soa que está desexando que chegue a fin de semana para ver os seus amigos. Estas cousas hainas que potenciar e non poñerlle pedras no camiño".

Os afectados foron protestar ás portas do Concello e convocáronos a unha xuntanza para tratar de achegar posturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade