Retiran a lona xigante coa imaxe de Fernández-Tapias
Retiran a lona xigante coa imaxe de Fernández-Tapias
“Alguén mandou retirar a miña lona de Urzaiz. Intolerable este xogo sucio!" di a candidata do Partido Popular á alcaldía de Vigo.
O Concello atribúeo á necesidade de retirar “os elementos que non sexan imprescindibles para manter a estabilidade do edificio”
O edificio situado na rúa Colón, 31, en Vigo, amenceu esta mañá de venres sen a lona coa imaxe de Marta Fernández-Tapias, candidata do Partido Popular á alcaldía de Vigo. A lona non durou nin unha semana e a candidata popular, que se atopa en proceso de recuperación dunha operación, amosou nas redes a súa decepción. pic.twitter.com/zE2M5LD1BS
— Marta Fdez-Tapias (@martaftapias) March 3, 2023
A explicación do Concello é que a lona “está vinculada a unha obra á que se lle abriu un expediente de caducidade o pasado xaneiro". Os donos teñen que quitar o formigón que depositaron na rúa e tamén retirar a lona.
Asegura Urbanismo que se advertiu aos propietarios que non teñen autorización para instalar unha lona publicitaria e lembroulle a ordenanza reguladora da publicidade exterior, que a lona “non respecta nin polo contido nin pola iluminación, dado que é un edificio catalogado que precisa dunha autorización de Patrimonio”.
Esa mesma fachada foi utilizada previamente por outros anunciantes, como Estrella Galicia, Abanca ou Mercedes.