Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retiran das praias máis de tres toneladas de 'pellets' e case oito toneladas doutros plásticos

Retiran das praias máis de tres toneladas de 'pellets' e case oito toneladas doutros plásticos

400 efectivos de limpeza traballan en 51 areais de 27 municipios

Salvamento Marítimo continúan coa busca de pellets con avións, helicópteros e mesmo satélites 

Por mar só puido recuperarse un saco dos 1.050 que perdeu o Toconao

Salvamento Marítimo busca sacos por aire con avións, helicópteros e satélites Salvamento Marítimo busca sacos por aire con avións, helicópteros e satélites
G24.gal 18/01/2024 16:23 Última actualización 18/01/2024 17:03

 Ata o momento retiráronse das praias galegas máis de 3.130 quilos de 'pellets' de plástico, equivalente a uns 125 sacos, e outros 7.700 quilos de residuos doutros plásticos de residuos urbanos.

O persoal mobilizado nas praias galegas para as tarefas de limpeza contra ese episodio de contaminación extraeu este mércores das praias uns 360 quilos de 'pellets', uns 14 sacos, e outros 1.670 quilos doutro lixo presente na costa.

O operativo de vixilancia, detección e limpeza, por terra e mar, despregado pola Xunta está integrado este xoves por máis de 400 efectivos repartidos por 51 praias de 27 municipios.

Salvamento Marítimo continúa a busca por aire con avións, helicópteros e satélites

Dende o pasado 13 de decembro, Salvamento Marítimo fixo 25 voos na busca de sacos de 'pellets'. Polo de agora, ningún obtivo resultados. 

O avión AS102 'Rosalía de Castro' regresou á base sen localizar ningún saco durante a xornada deste xoves.

A ruta de hoxe realizouse entre Corrubedo, no municipio coruñés de Ribeira, e cabo Silleiro, en Baiona (Pontevedra).

Ademais, tamén se mantén a procura marítima coa embarcación Salvamar Mirach, que este xoves fixo a súa cuarta saída desde Vigo.

A pesar de a procura infrutuosa, o xefe do servizo aéreo de Salvamento Marítimo, Néstor Perales asegurou que Salvamento Marítimo seguirá buscando por mar, a pesar de que as posibilidades de atopar 'pellets' desde o mar son baixas.

A recuperación no mar, nos incidentes sucedidos ata o de agora no mundo, non foi exitosa”.

Neste caso só se produciu unha recuperación accidental por parte dun buque de apoio a bateas e dous sacos -en total había 1.050 no barco- en terra localizados por un helicóptero da Xunta que inspeccionaba a liña costeira.

O traballo é laborioso, pero insistiu en que se fai dunha forma completa xa que Salvamento está a realizar procuras desde “moi arriba”, mesmo con satélites aínda que maioritariamente con helicópteros e avións xa que as propias recomendacións da Organización Marítima Internacional (OMI) e que prima a localización aérea sobre a dos buques. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade