Cargando resultados...
Santiago acolleu a primeira reunión da Axenda Galega de Capacidades para o emprego
Santiago acolleu a primeira reunión da Axenda Galega de Capacidades para o emprego
Mantiveron unha xuntanza co sector naval
O obxectivo é orientar a formación cara os empregos dos que hai máis demanda
G24.gal
28/12/2021 14:38
Santiago acolleu a primeira reunión da chamada Axenda Galega de Capacidades para o emprego e o escollido foi o sector naval.
Trátase dunha mesa para traballar de xeito conxunto cos diferentes sectores e determinar cales son as cualificacións que precisan as empresas en que hai demanda de traballo.
O obxectivo é centra as especialidades formativas máis relevantes no mercado laboral galego e utilizar os fondos europeos para orientar a formación cara aos empregos do futuro.