Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xunta e Goberno definen os protocolos para limpar os 'pellets' e anuncian unha colaboración total

Xunta e Goberno definen os protocolos para limpar os 'pellets' e anuncian unha colaboración total

Nas últimas horas avistáronse sacos aboiando no Grove e en Camariñas

A conselleira de Medio Ambiente fai un chamamento á colaboración da xente do mar para recoller os sacos antes de que cheguen a terra

O conselleiro de Mar, Alfonso Villares; a responsable de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez,e o delegado do Goberno, Pedro Blanco na xuntanza do Camgal (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 11/01/2024 17:09 Última actualización 12/01/2024 12:26

O Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galicia (Plan Camgal), aprobou esta tarde o protocolo para a recollida dos granulados nas praias.

Tamén outro protocolo para canalizar e distribuír todos os voluntarios que se presentaron para estes labores.

Foi nunha reunión en que se convocou tanto a Federación Galega de Municipios e Provincias  como a Delegación do Goberno e na que a Xunta e o Goberno central amosaron a súa total disposición a colaborar.

A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, reclamou do Executivo que se poñan a disposición de Galicia canto antes os medios estatais para recoller os sacos do mar.

A conselleira de Medio Ambiente pide especial vixilancia á xente do mar. En Camariñas e no Grove avistáronse sacos cheos e é importante recollelos antes de que rompan. 

Ademais, a borrasca desta fin de semana podería traer gran cantidade de granulado a terra. Os concellos que reciban verteduras deben comunicalo ao 112.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ofreceu todo o seu apoio á Xunta para empezar a traballar de xeito coordinado contra a vertedura de granulado na costa galega.

Pedro Blanco reiterou a máxima disposición do Executivo central para colaborar e dixo que nunca estivo na súa idea confrontar coa Xunta con respecto a esta vertedura.

Nestes momentos hai 300 operarios de limpeza traballando en 50 praias e xa se recolleron o equivalente a 42 sacos de 'pellets'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade