Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno de Francia salva as dúas mocións de censura

O Goberno de Francia salva as dúas mocións de censura

A moción que presentou a esquerda non conseguiu os votos suficientes malia o anuncio de Le Pen de que o seu grupo tamén a apoiaba

A segunda moción, presentada pola ultradereita, tampouco saíu adiante

G24.gal 24/10/2022 19:22 Última actualización 24/10/2022 19:58

A moción de censura presentada contra o Goberno francés pola esquerda foi rexeitada este luns ao non solicitar os votos necesarios, pese ao anuncio da ultradereitista Marine Le Pen de que o seu grupo parlamentario a apoiaba. En total, 239 deputados apoiaron esa moción, lonxe dos 289 necesarios para facer caer o Executivo da primeira ministra, Élisabeth Borne, que nese caso tería que dimitir.

A segunda moción de censura, presentada esta vez polo grupo de Le Pen,  aínda tiña menos opcións de saír, e así, tampouco os apoios suficientes.

Ningunha das dúas mocións contaba co apoio doutros grupos, o que as deixaba moi lonxe deses 289 votos necesarios. A esquerda totaliza 151 escanos e a ultradereita outros 89 dun total de 577 na Asemblea Nacional, polo que necesitaban o apoio dos conservadores moderados para sacalas adiante. Pero os moderados xa anticiparan que non ían apoiar as mocións aínda que non están de acordo en moitos puntos co Goberno, pero, apuntan, non queren contribuír a unha maior inestabilidade política.

As mocións de censura foron presentadas a finais da semana pasada, despois de que Borne optara por aprobar os orzamentos de 2023 mediante un mecanismo constitucional, o artigo 49.3, que evita o debate na Asemblea Nacional. A cambio, a primeira ministra abriu a porta a que se presentasen mocións de censura que, de prosperar, desaloxasen o seu Goberno.  O presidente, Emmanuel Macron, que carece de maioría absoluta nas cámaras, ameazou con convocar eleccións lexislativas se unha moción de censura salgue adiante

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade