Riad advertiu a Berlín hai un ano do perigo do detido polo atropelo de Magdeburgo
Riad advertiu a Berlín hai un ano do perigo do detido polo atropelo de Magdeburgo
O médico psiquiatra de Arabia Saudí ameazara cun atentado en Alemaña en 2013
Taleb A. tamén ameazara con suicidarse en 2014 e con conseguir unha pistola en 2015
En 2016 Taleb A. obtivo asilo en Alemaña
Os servizos secretos de Arabia Saudita advertiron hai aproximadamente un ano ás autoridades alemás da perigosidade do médico Taleb A., o home detido polo atropelo masivo cometido este venres no mercadiño de Nadal de Magdeburgo. Un atentado no que morreron 5 persoas e máis de 200 quedaron feridas.
O presidente da Oficina Federal do Criminal (BKA), Holger Munch, dixo que fora unha advertencia "abstracta" e que fora remitida á Oficina Rexional do Criminal (LKA) do estado federado de Sajonia Anhalt e que nese momento non viu motivo para actuar.
Tamén se coñeceu que xa en 2013 Taleb A. ameazara cun atentado, naquela ocasión contra o Colexio de Médicos de Mecklenburgo-Pomerania no leste de Alemaña, porque on lle recoñecera parte da súa formación.
Taleb A ameazou, a través dunha chamada telefónica, cunha acción que tería repercusións internacionais e mencionou o atentado islamita contra o maratón de Boston, que fora cometido dous días antes.
Segundo o Ministerio de Interior de Mecklenburgo-Pomerania a vivenda de Taleb A. foi rexistrada dous días despois pero non se atoparon indicios de que realmente planease un atentado. Ao final todo quedou nunha multa por perturbar a orde pública con ameazas á que o condenou un tribunal de Rostock.
Entre 2011 e 2014 Taleb A. viviu en Stralsund, ao nordés de Alemaña, onde fixo a súa especialización en psiquiatría e alí, tras pedir unha axuda económica, ameazou con cometer un acto que tería repercusión "internacional". Noutra ocasión ameazou con suicidarse.
En 2015 queixouse ante o Ministerio de Interior pola multa á que fora condenado en Rostock, cualificou ao xuíz de racista e ameazo con conseguir unha pistola.
Pese ás amezas en público e as ameazas proferidas en redes sociais para vingarse contra presuntos plans alemáns de islamizar Europa, Taleb A. non estaba na mira dos organismos de seguridade.
En 2016 Taleb A. obtivo asilo en Alemaña e no proceso argumentou que por haberse apartado do Islam a súa vida corría perigo en Arabia Saudita.
Dúas explicacións para non vixialo
O experto en terrorismo Peter Neumann -autor do libro 'O regreso do terror'- dixo que hai polo menos dúas explicacións para que Taleb A. non estivese na mira dos organismos de seguridade.
A primeira é que non respondía a ningún patrón claro. Ao ser crítico do Islam ninguén o consideraba como un potencial terrorista islamita e ao ser migrante ninguén o consideraba como un potencial terrorista de ultradereita.
Neumann suxeriu incluír un novo patrón para detectar perigos terroristas, que xa se introduciu no Reino Unido durante a pandemia, e que inclúe a persoas con delirios conspiratorios de calquera tipo e que non son estables psiquicamente.