Publicador de contidos
Publicador de contidos

Riazor acolle o Deportivo-Lugo cun cheo total (19 h, G2)

Riazor acolle o Deportivo-Lugo cun cheo total (19 h, G2)

G24.gal 02/03/2024 13:43

Riazor vai rexistrar un chego ata a bandeira. Xa non quedan entradas para ver o derbi entre dous dos equipos máis en forma do Campionato. O Deportivo leva seis vitorias consecutivas mentres que o Lugo acumula cinco partidos sen perder. O ambiente preséntase especular. "Outra marabilla máis. Cando cres que se che acaban os cualificativos, aínda te sorprenden", recoñece Imanol Idiakez. Para Roberto Trashorras, é un "partido ideal para ir alí, para facer un grande encontro para amosar que equipo somos e que equipo queremos ser".

Malia a serie que leva o Deportivo, con 21 goles marcados nos seis últimos partidos, Idiakez apela á prudencia e prognostica un partido igualado. "O lóxico é que o partido do domingo ante un equipo do teu nivel, o lóxico é que se resolva por pouco".

Trashorras, pola súa parte, visualiza un partido no que o Lugo vai levar a iniciativa pero tentando evitar que se converta nun ida e volta. O técnico repasou o derbi do Anxo Carro e non quere repetir os erros que lle custaron a derrota por cero a tres. "Creo que o máis importante neste partido é tentar que os xogadores máis importantes, que nese partido non se fixo, estean mellor lonxe da zona de xogo".

Os que non teñan entrada xa saben que van poder seguir o partido mañá as sete pola G2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar