Cargando resultados...
Respectuoso minuto de silencio en Riazor para dicirlle adeus a Arsenio
Respectuoso minuto de silencio en Riazor para dicirlle adeus a Arsenio
Carlos Ballesta, o seu eterno escudeiro, e dous dos seus netos depositaron unha coroa no céspede antes do Deportivo-Alcorcón
G24.gal
06/05/2023 17:23
Bancadas ateigadas en Riazor para despedir ao mestre Arsenio Iglesias. Na previa do Deportivo-Alcorcón celebrouse un sinxelo acto en que Carlos Ballesta, o seu eterno escudeiro, e dous dos seus netos depositaron unha coroa sobre o céspede.
Despois gardouse un respectuoso minuto de silencio para lembrar a figura dun adestrador que quedou marcado a fogo no corazón de todos os seareiros do Deportivo.