Yeremay esperta as dúbidas sobre o futuro no Deportivo: "Non sei que vai pasar"
Yeremay esperta as dúbidas sobre o futuro no Deportivo: "Non sei que vai pasar"
"Estou falando co meu representante e co club, pero non vou deixar o Deportivo a calquera prezo", asegurou o canario ao final do partido en Málaga
Comparecía Yeremay Hernández despois do partido como autor do gol que lle deu o empate ao Deportivo no campo do Málaga, o oitavo que marca esta temporada. Pero a bomba saltaba a pregunta de Javi Torres, enviado especial da Radio Galega, sobre si a súa continuidade no club coruñés estaba garantida no mercado de inverno.
O canario confesou que estaba falando co seu representante e co club sobre ofertas que tiña enriba da mesa: "Non sei que vai pasar", concluiu Yeremay. "O que teño claro é que non vou deixar o Deportivo a calquera prezo, si o deixo é para dar un paso máis na miña carreira", comentou. O centrocampista quixo deixar claro que estaba "moi centrado e dando o 100 % en cada partido".
A cláusula de Yeremay, que renovou hai uns meses ata o 2030, é de 20 millóns de euros. Nas vindeiras semanas verase si hai algún club que decide apostar forte por un xogador que este ano acadou o estatus de internacional sub-21 e que irrompeu con moita forza no fútbol profesional.