Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribadeo conmemora o seu pasado Indiano esta fin de semana

Ribadeo conmemora o seu pasado Indiano esta fin de semana

Un programa cheo de actividades do 8 ao 10 de xullo

G24.gal 06/07/2022 21:07 Última actualización 06/07/2022 21:40

Conta atrás en Ribadeo, que esta fin de semana retoma con moita ilusión a celebración da Festa Indiana.

De venres a domingo esta localidade da Mariña ofrecerá unha imaxe que nos levará a principios do século XX.

É a sétima edición desta festa de recreación histórica. Moi agardada despois de dous anos de parada pola covid-19. 

Trae da man un completo programa de actividades: música nas rúas, mercado de ultramar, visitas teatralizadas ou o festival de habaneras.

Ribadeo Indiano ten poucos anos de vida, pero é xa un reclamo para xente de fóra da comarca. Marcela Cañaveral, unha hostaleira da vila, cóntanos que acode xente de toda Galicia e de Asturias.

É un importante revitalizador da economía local, tanto do comercio coma da hostalería.

O xerente de Acisa, a organización de empresarios de Ribadeo que colabora co concello na organización da festa, di que o evento é moi importante para a economía da vila.

"Durante estes tres días, os hoteis están case ao completo, os restaurantes fan varias quendas de comidas e, en definitiva, Ribadeo está a rebordar."

A pegada indiana é visible hoxe en día en Ribadeo.

Os emigrantes con máis fortuna trouxeron á súa terra a arquitectura que vían en Cuba ou na Arxentina. 

Fernando Suárez, o alcalde de Ribadeo, lembra que esta é unha festa para divertirse pero tamén un evento cultural e emotivo en lembranza dos veciños que marcharon a traballar lonxe da súa terra.

Fin de semana para a lembranza dos emigrantes; dos que fixeron as Américas, dos que regresaron coas mans baleiras e tamén dos que quedaron na diáspora.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar