Ribadeo conta cun hotel inspirado no cine
Ribadeo conta cun hotel inspirado no cine
Conta con 13 cuartos ambientados en películas lendarias
Foi o primeiro hotel temático de cine de España
A restauración da casa familiar do avó foi o escenario que propiciou a creación deste hotel de cine. Os detalles invaden estes cuartos de película. Cada cuarto é totalmente diferente e no seu deseño participaron profesionais vinculados ao mundo audiovisual. A acollida foi tan boa que o proxecto non para de medrar con novos filmes e temáticas.
Cada cuarto ten a súa particular esencia. Uns transpórtannos á Francia de Amelie, outros ao romanticismo de Memorias de África e tampouco falta inspiración española como a deste cuarto baseado en Todo sobre mi madre. Uns e outros fan as delicias duns clientes que buscan propostas novas.
Cada cuarto ten o seu perfil de clientes e os inspirados no mar prepáranse xa para acoller os surfistas internacionais que estes días cabalgan as ondas de Ribadeo.