Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribadeo homenaxea o legado dos emigrantes retornados cunha festa esta fin de semana

Ribadeo homenaxea o legado dos emigrantes retornados cunha festa esta fin de semana

O Ribadeo indiano exalta o pasado máis recente desta vila mariñá

A celebración pon de manifesto o impulso que os emigrantes deron á súa vila de orixe ao retornaren

G24.gal 13/07/2024 15:09

O barrio de San Roque en Ribadeo loce con orgullo o aire indiano das súas casas. Ao seu pé desenvólvese o mercado de produtos de ultramar, unha forma de exaltar o legado dos emigrantes.

O sol resalta a herdanza dos indianos que se manifesta tanto na arquitectura coma na cultura e o progreso.

Veciños e visitantes participan desta festa que inclúe visitas teatralizadas, percorridos culturais e actuacións musicais. Razóns para participar na festa non faltan. 

A homenaxe ao pasado máis recente de Ribadeo continúa toda a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar