Ribadeo Indiano, a homenaxe da vila aos emigrantes que a enriqueceron culturalmente
Ribadeo Indiano, a homenaxe da vila aos emigrantes que a enriqueceron culturalmente
Esta é a oitava edición dunha festa que cada vez atrae máis turistas
Os emigrados ribadenses actuais collen as vacacións en función da festa
O peirao de Porcillán de Ribadeo non é Cuba pero esta tarde asemellábaselle abondo. Estes tres días aquí triunfa a moda traída de ultramar e da calor tropical hai un século polos emigrantes mariñaos. Moitos dos actuais, á súa vez, arrastran amigos de fóra.
É a oitava edición do Ribadeo Indiano que lembra os que fixeron as Américas, uns con mellor sorte ca outros, e deixaron pegada arquitectónica e cultural na súa terra natal e trouxeron un anaco da modernidade.
O peirao acolleu a benvida aos indianos con teatro e música tralo pregón de raíces ribadenses de Santiago Jaureguizar. A afluencia esgotou as prazas nas rutas guiadas e a hostalería con tapas e racións de sabor indiano, está ata a bandeira.
O sentimento de irmandade con Cuba culminará o domingo coa actuación do gran Elíades Ochoa.