Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ricardo Colmenero escribiu 'Los penúltimos días de Escohotado' tras horas de conversa na casa do pensador

Ricardo Colmenero escribiu 'Los penúltimos días de Escohotado' tras horas de conversa na casa do pensador

O xornalista recorda na Radio Galega ao filósofo tras a súa morte

G24.gal 22/11/2021 15:46

O filósofo Antonio Escohotado morreu este domingo aos 80 anos en Eivisa. Era ensaísta, historiador e profesor de Filosofía do Dereito e Socioloxía na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), onde se xubilou en 2013. 

Escohotado era coñecido a nivel popular como figura habitual en programas e faladoiros de televisión nos anos 80 convidado, habitualmente pola súa obra máis coñecida, 'Historia general de las drogas', que escribiu, na maior parte, nun cárcere de Cuenca, onde estivo preso dous anos por tráfico de estupefacientes. 

Ricardo F. Colmenero recolle en 'Los penúltimos días de Escohotado' as conversas que durante nove meses mantivo co filósofo e pensador madrileño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade