Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ringleiras pola lotaría de Nadal nunha administración de Santiago

Ringleiras pola lotaría de Nadal nunha administración de Santiago

Neste establecemento xa esgotaron os décimos

G24.gal 08/12/2021 20:03

Nin a choiva pode coa tradición, e así lucía hoxe a administración de lotaría número 3 de Santiago, centro obrigado de peregrinación para que os que confían na sorte. E son tantos que esta ponte quedaron sen décimos.

E se a sorte toca aquí a chuvia de millóns chegará lonxe porque a maioría dos clientes estes días son xente que veu de visita a Galicia.

A hora de perseguir á sorte cada quen ten as súas teimas e xoga aos números que lle dan sorte ou que sinalan datas especiais. Igual non toca, pero o importante é... que haxa saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade