Publicador de contidos
Publicador de contidos

Robles anuncia que o Goberno volverá aumentar o gasto en Defensa, ata o 1,3 % do PIB

Robles anuncia que o Goberno volverá aumentar o gasto en Defensa, ata o 1,3 % do PIB

A ministra de Defensa reafirmou o papel de España como socio fiable da UE e a OTAN

G24.gal 25/01/2024 15:12

A ministra Margarita Robles reafirmou o compromiso do Goberno co investimento en materia de defensa, que o ano pasado supuxo o 1,24 % do produto interior bruto (PIB) e avanzou que a previsión é chegar ao 1,30 % do PIB este ano.

Nunha comparecencia na Comisión de Interior do Congreso para dar conta das liñas do seu departamento, Robles subliñou que o compromiso do Executivo quedou demostrado e o orzamento en defensa seguirá crecendo para alcanzar o obxectivo do 2 % do PIB en 2029 ao que se comprometeu o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, son os seus socios da OTAN.

"O obxectivo asumido polo presidente do Goberno é continuar con este esforzo ata alcanzar o 2 % do PIB en 2029. A nosa previsión é que en 2024 alcancemos o 1,30 %. Redunda non só na garantía de seguridade, protección, liberdade e benestar, senón que actúa como dinamizadora da economía nacional", anunciou Margarita Robles na súa comparecencia no Congreso, en que reafirmou o papel de España como socio fiable da UE e a OTAN.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade