Robles avoga por modificar a "lei do só si é si" se ten lagoas na súa aplicación
Robles avoga por modificar a "lei do só si é si" se ten lagoas na súa aplicación
Subliña que a protección das vítimas de violencia sexual é o máis importante e a súa finalidade
A ministra de Defensa, Margarita Robles, avoga por modificar a Lei de garantía da liberdade sexual, máis coñecida como "lei do só si é si", se ten "lagoas" para protexer as vítimas de violencia sexual.
A preguntas da prensa antes de participar nas xornadas de portas abertas do Congreso, salientou que a norma ten a finalidade "moi clara" de protexer as vítimas, que "sempre foron a prioridade", pero "se na aplicación, vese que isto se cadra ten lagoas, as leis pódense modificar".
Explicou que, na súa carreira como xurista, viu como se cambian leis e insistiu en que "nunca hai que terlles ningún tipo de prevención".
"A protección das vítimas é o máis importante e a finalidade", subliñou.