Rodrigo Corrales, inconmensurable na vitoria dos hispanos
Rodrigo Corrales, inconmensurable na vitoria dos hispanos
O galego substituíu a Pérez de Vargas e foi capital para manter a vantaxe
España gañou contra Xapón por 37 a 33 e segue na loita
A selección española de balonmán impúxose a Xapón (37-33) e segue na loita por pasar aos cuartos de final. E Rodrigo Corrales contribuíu á vitoria con paradas de moito mérito. O galego entrou por Pérez de Vargas e impuxo a súa lei dende o segundo un.
A selección foi fiable e, aínda que o porteiro xaponés parou moito, despregou un bo xogo ofensivo. E na defensa, os porteiros foron vitais, cun gran Corrales. O galego non era da partida nun inicio, pero cando o adestrador necesitou da súa contribución, non defraudou.
O grupo A ten un triplo empate. Alemaña, Croacia e España suman dúas vitorias e unha derrota, ambas as tres con catro puntos. As perseguidoras xa teñen dous, no caso de Suecia e Eslovenia, e ningún no caso de Xapón, que é o colista do grupo.