Rodrigo Germade aspira a unha dobre medalla nos Xogos de París
Rodrigo Germade aspira a unha dobre medalla nos Xogos de París
Forma parte do prestixioso K4 500 e tamén competirá con Marcus Cooper no K2 500, nova distancia olímpica
Son claros candidatos a repetir medalla olímpica. O K4 español, cos galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade, bota a conta atrás para intentar o campionato olímpico en Paris 2024. Falta a clasificación. E teñen que obtela no mundial que se celebra en Duisburgo a finais de agosto.
O K4 foi prata nos últimos Xogos de Tokyo, a 23 centésimas do ouro alemán. O caiac de Cravioto, Marcus Cooper, Arévalo e Germade. E dese equipo tan ben ensamblado xorde un barco de K2, co que Marcus Cooper e o propio Germade buscarán unha segunda medalla.
O padexeiro de Cangas ten a mesma ilusión que hai dous anos en Tokyo. Son os actuais campións do mundo e medalla de ouro nos xogos Europeos hai tres semanas. O K4 500 vai polo aire camiño de Paris.