Dobrete para Arévalo e Germade
Dobrete para Arévalo e Germade
O dúo galego clasificouse directamente para a semifinal despois de quedar de segundo na sua rolda
Remataron a proba cun tempo de 1:28.85 e nun treito da mesma foron en cabeza
Día redondo sobre as augas francesas para Carlos Arévalo e Rodrigo Germade. Os galegos, que xa se meteran directamente á semifinal no k4, repetiron no k2, cun segundo posto que fai que non teñan que competir nos cuartos.
Os galegos comezaron moi fortes dende a saída e estiveron na cabeza por un momento. Non puideron aguantar a primeira praza, pero aseguraron a semifinal rematando segundos. Boas sensacións para eles, que acumulaban xa unha proba ás costas horas antes.
A dupla galega do piragüismo masculino cumpriu. Fixo o seu traballo e librouse de estar nos cuartos de final. Arévalo e Germade, que se estrearon ese ano como parella olímpica no k2, manteñen intactas as súas dúas opcións de medalla.