Publicador de contidos
Publicador de contidos

Román Rodríguez di que o reforzo educativo proposto por Sánchez rectifica a Lomloe

Román Rodríguez di que o reforzo educativo proposto por Sánchez rectifica a Lomloe

"Sempre criticamos a Lomloe e ao final o resultado aquí está, non daba igual o que propoñía, porque reducía o esforzo", asegurou o conselleiro de Educación

G24.gal 22/01/2024 14:45

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, cre que o plan reforzo proposto por Pedro Sánchez é unha rectificación da política educativa do PSOE como consecuencia dos seus malos resultados.

O conselleiro pídelle ao Goberno central que consensúe o novo modelo coas comunidades autónomas. "É unha rectificación absoluta porque se dá conta de que o que todo aquelo que lle dixemos foi certo. Sempre criticamos a Lomloe, e a definimos como a lei do 'que máis dá'. Ao final o resultado aquí está, non daba igual o que propoñía, porque reducía o esforzo".

Rodríguez fixo estas declaracións dende o Centro Galego de Innovación de Formación Profesional Eduardo Barreiros, en Ourense. O conselleiro visitou este centro de referencia da FP en compañía da súa homóloga na Junta de Andalucía. Os dous coincidiron na relevancia desta formación pola súa elevada inserción laboral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade