Publicador de contidos
Publicador de contidos

Romanos e castrexos danse cita de novo no Friulio

Romanos e castrexos danse cita de novo no Friulio

Nesta edición participan máis de 500 persoas de 30 colectivos de toda España 

As beiras do río Narla acollerán de novo os encontros entre romanos e castrexos no Friulio
G24.gal 10/05/2024 20:18 Última actualización 10/05/2024 20:31

As beiras do río Narla serán de novo testemuña das escaramuzas entre os romanos e os castrexos. Chega o Friulio, unha festa que vai facer que Friol retroceda 2.000 anos para recrear como era a vida naquela época.

Un Friulio no que van participar este ano máis de 500 persoas pertencentes a 30 colectivos de toda España. Todos eles ultiman preparativos para unha longa fin de semana na que non van faltar obradoiros cos oficios tradicionais.

Tampouco os xogos populares, a gastronomía e a música tradicional e ata un descenso polo río Narla. Un dos momentos máis agardados é o asedio ao castro celta por parte da tropas romanas, que porá fin á xornada do sábado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos