Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rosa Quintana: "O veto á pesca de fondo non ten suficiente rigor científico"

Rosa Quintana: "O veto á pesca de fondo non ten suficiente rigor científico"

A conselleira de Pesca confía en que Bruxelas cambie de opinión e retire o regulamento de execución

G24.gal 25/09/2022 09:56 Última actualización 25/09/2022 21:27

Cita decisiva para o sector do mar este luns en Bruxelas, onde se reúne o Consello de Ministros de Pesca da Unión. España, xunto a outros países, intentará paralizar o veto da Comisión á pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico Noroiental.

Se non hai marcha atrás na aplicación do regulamento de execución, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, insta ao Executivo a recorrer á vía xudicial.

A só 13 días de que centos de barcos sexan expulsados dos seus caladoiros habituais, España, Francia e Irlanda chegan á xuntanza coa intención de abrir debate. Os tres países intentarán facer unha fronte común contra o veto da Comisión Europea.

A conselleira do Mar, mantén que a medida adoptada por Bruxelas excede o marco regulamentario e carece de rigor científico, polo que si ve marxe para as negociacións políticas.

"Temos moita confianza en que a presión política que poidan exercer España, Francia e Irlanda sexa capaz de facer entrar en razón o comisario e dea marcha atrás con este regulamento de execución. Creo que está ben ás claras, con todos os argumentos que se están a expoñer durante todos estes días, que foi unha decisión tomada sen o suficiente rigor científico, sen ter en conta o impacto socioeconómico", asegura.

Con todo, se segue adiante o regulamento de execución e con el o veto á pesca de fondo, Rosa Quintaba insta ao goberno central a recorrer á vía xudicial.

"Se o comisario non entra en razón, só nos queda a vía de que os tribunais sexan sensibes tomen a decisión de paralizar o recurso mentres avalían todos os argumentos científicos e socioeconómicos que se lles poidan achegar. Calquera outra cousa sería inviable para o sector e o golpe definitivo".

Ante esta situación as comunidades afectadas mantéñense vixiantes. Teñen previsto reunirse en Santander nos próximos días para rexeitar de xeito conxunto a prohibición aprobada polo executivo comunitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade