Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rosa Quintana, sobre acordo de pesca na UE: "Conseguimos salvar os mobles"

Rosa Quintana, sobre acordo de pesca na UE: "Conseguimos salvar os mobles"

"É difícil entender que quere facer a Comisión coa xestión pesqueira dos países da Unión", di a conselleira do Mar

Atribúe a mellora das medidas propostas inicialmente, "moi inxustas", ao informe achegado pola Xunta de Galicia sobre a pescada

G24.gal 14/12/2021 09:29

"Conseguimos salvar os mobles", di a conselleira do Mar sobre o acordo logrado esta mañá en Bruxelas para as cotas pesqueiras tras toda unha noite de negociacións no seo da Unión Europea.

"Foi unha noite moi dura", dixo Rosa Quintana en declaracións ao espazo Bos Días, e engadiu: "É difícil entender que quere facer a Comisión coa xestión pesqueira dos países da Unión".

Para a responsable de Pesca da Xunta, a Comisión Europea "está empeñada unicamente en ter en conta os datos científicos e non o impacto económico", un impacto económico que, lembrou a conselleira, pon en xogo "700 postos de traballo e 70 millóns de euros". Ademais, afondou, "escollen sempre a parte máis restritiva dos datos científicos".

Segundo Rosa Quintana, a  mellora da proposta inicial das autoridades comunitarias, que proxectaban unha redución das capturas da pescada do Sur do 18 por cento, que finalmente será do 8 por cento, "conseguiuse grazas en gran parte ao informe que achegamos desde Galicia".

A conselleira entende que o ministro de Pesca, Luis Planas, "centrouse en defender a proposta para o Mediterráneo, que leva dous anos nunha situación moi complicada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade