Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban dúas veces en 72 horas nunha peixería do barrio compostelán de Santa Marta

Rouban dúas veces en 72 horas nunha peixería do barrio compostelán de Santa Marta

Os axentes estaban moi preto do lugar vixiando outros ladróns, moi coñecidos na zona

Outros comercios e locais de hostalería tamén foron vítimas de roubos nas últimas semanas

G24.gal 08/01/2025 18:21

Imaxinen que os ladróns intenten roubar no seu negocio dúas veces en menos de tres días. Isto mesmo sucedeu nunha peixería do barrio de Santa Marta, en Santiago, o último intento esta noite do mércores.

Os veciños da rúa Santa Marta de Arriba miran incrédulos o escaparate da peixería, e non é para menos, pois en menos de tres días foi vítima dos ladróns en dúas ocasións. O último esta mesma madrugada, arredor das tres e media.

Os cacos empregaron unha lousa da mesma beirrarúa para romper a fiestra, sen éxito, pois a Policía Nacional chegou en cuestión de minutos. Os axentes estaban moi preto do lugar vixiando outros ladróns, moi coñecidos na zona.  

Hai cinco anos que abriu este comercio no barrio de Santa Marta e nunca antes roubaran nel, e agora en cousa de días, dous roubos. No primeiro, na madrugada de Reis, conseguiron entrar forzando a porta.

Pouco foi o subtraído e moito dano ocasionado, o mesmo que noutros comercios e locais de hostalería do barrio, que tamén foron vítimas de roubos nas últimas semanas.

A Policía Nacional segue coa investigación aberta de todos os roubos denunciados da zona e todo apunta que nos vindeiros días poderán prender os culpables. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar