Rouban e agriden o dono dun bar de Palmeira, en Ribeira
Rouban e agriden o dono dun bar de Palmeira, en Ribeira
O individuo, veciño de Ribeira, foi detido e o xuíz ordenou o ingreso en prisión
O propietario dun bar situado no porto de Palmeira ía abrir o negocio o venres ás cinco da tarde cando desde dentro lle deron cunha pata de cabra na cabeza. Un tipo acababa de rebentar a máquina do tabaco coa que atrancou a porta para que o dono non entrara.
O ladrón tentou fuxir polo oco da ventá por onde accedera ao local tras desfacer o enreixado e de aí saltou ao chan co botín do tabaco e cartos mais as dúas patas de cabra que levara. Abaixo agardábao o dono coa cabeza sangrando.
Así e todo, atrapouno e aínda que o ladrón o ameazou cunha navalla, conseguiu retelo ata que chegou un empregado e o axudou a reducilo mentres non ía a policía. O individuo, veciño de Ribeira, foi detido e o xuíz ordenou o ingreso en prisión.