Publicador de contidos
Publicador de contidos

Róubanlle a cadeira de rodas e os medicamentos a unha muller impedida en Pontevedra

Róubanlle a cadeira de rodas e os medicamentos a unha muller impedida en Pontevedra

 Os ladróns actuaron mentres exercitaba as pernas coa axuda do fillo

G24.gal 28/01/2022 20:28

Como cada día, Sergio acompañou a súa nai a dar un paseo. María del Carmen sofre unha doenza que limita a súa mobilidade. Pode camiñar se a distancia é curta, pero precisa a cadeira de rodas para desprazarse pola cidade. Deixárona ao lado dun banco, afastáronse dela durante uns minutos e cando volveron, xa non estaba.

Era unha cadeira de rodas manual e prestada pola Seguridade Social. Despois de denunciar o roubo, xa lles proporcionaron outra, pero aínda non saíron do seu asombro.

Xunto á cadeira de rodas, os ladróns levaron os medicamentos que acababan de mercar na farmacia. A familia recibiu numerosas mostras de apoio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar