Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asaltan con violencia un estanco en Pontevedra

Asaltan con violencia un estanco en Pontevedra

Na contorna do Centro Galego de Tecnificación de Galicia levan xa meses preocupados polos altercados que viven nesa zona

O último foi o roubo a un estanco, que acabou con varios viandantes agredidos e con desperfectos no mobiliario urbano protagonizados polo suposto autor deste asalto

G24.gal 26/04/2024 14:39

O mozo entrou nun estanco da rúa Padre Fernando Olmedo de Pontevedra visiblemente alterado este xoves á tarde. Pediu un cartón de tabaco que non tiña intención de pagar. 

Estas últimas palabras son as do propietario do estanco, que tamén foi agredido por este mozo cando tentaba evitar o roubo. Porque o rapaz volveu coa intención de entrar novamente no establecemento.

"Volveu outra vez. Quería entrarme no almacén, impedinllo e forcexamos os dous e claro como había moita xente dentro xa saltou enriba da xente e agrediu a unha persoa maior". 

A policía conseguíu reducilo, aínda que con moito traballo. Os veciños e comerciantes levan meses denunciando inseguridade na zona, que está ao lado do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

"Estase volvendo unha zona conflitiva de persoas e consideramos, eu pola miña parte, que está abandonada". 

"Este rapaz non é desta zona. Eu considero que son cousas puntuais".

O mozo tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro hospitalario en calidade de detido para poder valorar o seu estado. De feito, foi o causante da rotura dun escaparate de cristal cunha patada durante o altercado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade